Neboeiro
N E B O E I R O Antón Losada Diéguez Nadal, 1926
- Probes rosas, saudosas
- Esperando amañecer;
- Loumiñadas, degaradas
- Por medrar, y arrecender.
- Tristes rosas amorosas,
- Todo chega y-o fin chega
- Cando a pola se dobrega
- E non vos pode soster.
- Craros soños, frolecidos
- Cobizando un ideal;
- Aniñados, enchoyados,
- N'unha roseira lanzal.
- Tristes soños noitecidos,
- Todo chega, y-o fin chega
- Se dos soños soilo queda
- O Imposibre no rosal.
- Pontevedra, Nadal, 1926
Notas
editar- ↑ Páxina 191 do n.º 71 da revista Nós en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
Véxase tamén
editar- "Ano Novo"