Abrir o menú principal

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios


Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios       Concello de Pontevedra      
 


PREÁMBULO

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Excmo. Concello de Pontevedra establece a taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios, a que se refire o artigo 20.4.k) do citado Real decreto lexislativo, que se rexerá pola presente ordenanza, e cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do mesmo texto legal.

Artigo 1. Feito impoñible

  1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servizos polo Parque Municipal de Bombeiros nos casos de incendios e alarmas dos mesmos, hundimentos totais ou parciais de edificios e instalacións, ruínas, derribos, inundacións, salvamentos e outros análogos, sexa a solicitude de particulares interesados ou de oficio por razóns de seguridade sempre que a prestación de dito servizo redunde en beneficio do suxeito pasivo.
  2. Non estará suxeito a esta taxa o servizo de prevención xeral de incendios nin os servizos que se presten en beneficio da xeneralidade ou dunha parte considerable da poboación do Municipio ou en casos de calamidade ou catástrofe pública oficialmente declarada.

Artigo 2. Suxeitos pasivos

  1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, os usuarios das fincas sinistrados que foran obxecto da prestación do servizo, entendendo por tales, segundo os casos, os propietarios, usufrutuarios, inquilinos e arrendatarios de ditas fincas.
  2. Cando se trate da prestación do servizo de salvamento e outros análogos, será suxeito pasivo contribuínte a persoa física ou xurídica e a entidade do artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que os solicitara ou en cuxo interese redunde.
  3. Terá a condición de substituto do contribuínte, no caso da prestación do servizo de extinción de incendios, a entidade ou sociedade aseguradora do risco.
  4. No caso de prestación do servizo fóra deste termo municipal, ostentará a condición de substituto do contribuínte o Concello correspondente.

Artigo 3. Responsábeis
Os supostos de responsabilidade, xa sexa subsidiaria ou solidaria, serán os previdos na normativa tributaria.

Artigo 4. Beneficios fiscais

  1. Estarán exentos aqueles contribuíntes empadroados no termo municipal de Pontevedra e cuxa unidade familiar teñan unha renda inferior ó salario mínimo interprofesional.
  2. Fóra do suposto enunciado no número anterior, non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previdos en normas con rango de lei e os derivados de tratados internacionais.

Artigo 5. Base impoñible
Tomarase como base para a determinación do importe desta taxa os custos directos e indirectos necesarios para garantir o mantemento e desenvolvemento razoable do servizo de extinción de incendios, e todo en función do número de efectivos, tanto persoais como materiais, que se empreguen na prestación do servizo, o tempo invertido neste, e o recorrido efectuado polos vehículos que actúen.

Artigo 6. Cota tributaria

  1. A taxa esixirase de acordo co seguinte cadro de tarifas:

Dentro do Termo municipal

A) Persoal.
Por bombeiro ou funcionario municipal que interveña no servizo e hora ou fracción de servizo
16,59 €
B) Vehículos pesados: coche escaleira, brazo articulado, autotanque e asimilados. (B.U.L., B.R.L., B.R.P., F.S.V., B.U.P.).

Por unidade e hora ou fracción de servizo

72,59 €
C) Vehículos lixeiros, análogos e asimilados.
Por unidade e hora ou fracción de servizo
46,67 €
D) Equipo de rescate en estrada.
Por hora ou fracción de servizo
67,41 €
E) Grupo electróxeno, electro bomba, moto bomba, serra, disco e similares.
Por hora ou fracción de servizo
34,22 €
F) Material lixeiro.
Por por cada tramo de mangueira de 15 metros e hora ou fracción de servizo
4,15 €
G) Xerador de espuma de alta expansión.
Por hora ou fracción de servizo
46,67 €
H) Material consumible
H.1) Espumóxeno
Por quilogramo
10,37 €
H.2) Extintor
Por quilogramo
10,37 €
H.3) Dispersante
Por quilogramo
10,37 €
H.4) Equipos respiratorios
Por equipo e hora ou fracción de servizo
10,37 €
I) TARIFAS MÍNIMAS:
I.1) Tarifa mínima común: dereitos a liquidar con carácter mínimo pola prestación dos servizos.
I.2) Tarifa mínima para saídas a accidentes dentro do termo

municipal.


124,44 €
228,14 €

Fóra do Termo municipal

As tarifas incrementaranse no dobre da contía fixada para o termo municipal de Pontevedra, incluídas as tarifas mínimas.
Quilometraxe percorrida fóra do termo municipal de Pontevedra
Por quilómetro
1,30 €

Artigo 7. Devengo

  1. Devéngase a Taxa cando saia do Parque a dotación correspondente, momento no que se inicia, a todos os efectos, a prestación do servizo.
  2. O tempo de prestación efectiva dos servizos computarase tomando como momento inicial o da saída dos efectivos dos seus respectivos acuartelamentos, e como final, o de entrada dos mesmos, unha vez rematado o servizo.
  3. As tarifas relativas a informes, certificacións e demais documentos análogos expedidos polo Servizo Municipal de Bombeiros serán reguladas na ordenanza fiscal relativa á expedición de documentos administrativos.

Artigo 8. Normas de xestión

  1. De acordo cos datos que certifique o Parque de Bombeiros, o servizo de xestión tributaria deste Concello practicará a liquidación que corresponda, que será notificada ao suxeito pasivo.
  2. Para desfrutar da exención recollida no artigo 4.1, os contribuíntes deberán solicitalo acompañando a documentación acreditativa das circunstancias nas que se funda, dentro do prazo dun mes contado desde a data de notificación da liquidación. Transcorrido este prazo perderase o dereito á exención.

DISPOSICIÓN FINAL A presente modificación da Ordenanza, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 1997, aprobouse polo propio Pleno na sesión celebrada o día 20 de outubro de 2006 e, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2007, producindo efectos ata a súa modificación ou derrogación.


PD-icon.svg Esta obra está no dominio público, porque o "Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia" establece: "Artigo 13. Exclusións. Non son obxecto de propiedade intelectual as disposicións legais ou regulamentarias e os seus correspondentes proxectos, as resolucións dos órganos xurisdicionais e os actos, acordos, deliberacións e ditames dos organismos públicos, así como as traducións oficiais de todos os textos anteriores."