Abrir o menú principal


Índice

Titulo da páxinaEditar

O título debe estar en lingua galega, en letra normal, non todo en maiúsculas nin en cursiva, e sen incluír o nome do autor, coa acentuación correcta. De haber algunha dúbida, deixe unha mensaxe na taberna e se poderá discutir o título.

EncabezadoEditar

As páxinas, logo dunha breve introdución sobre a obra se cómpre, e xusto antes do texto do documento, irán encabezadas polo modelo {{Encabezar}}.

{{Encabezar
|nome=
|autor=
|dataano=
|datadía=
|datames=
}}

No campo "nome", debe ir o nome completo da obra. En autor, obviamente, o autor ou autores da mesma, e na data a súa data de aprovación (leises) ou primeira edición (literatura). O nome do autor será un vínculo a unha páxina do mesmo onde estean tódalas súas obras.


Título completo da obra       Autor da obra       día de mes de ano
 


En caso de que se teña dividido a obra en varias páxinas, o modelo a empregar será o modelo {{Portadatexto}}.

{{Portadatexto
|nome=
|autor=
|índice=
|dataano=
|datames=
|datadía=
}}

CategoríasEditar

Autores:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Obras:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Séculos:
s. XII   s. XIII   s. XIV   s. XV   s. XVI   s. XVII   s. XVIII   s. XIX   s. XX   s. XXI

CoresEditar

Como regra xeral, se evitará o emprego de cores diferentes do negro no corpo do texto.

Caixas de sucesiónEditar

Cando dividimos unha obra en artigos, títulos, capítulos ou calquera outra división para non facer artigos demasiado longos, empregamos o modelo {{Paxinación}}, como elemento de navegación entre un contido e outro:

{{Paxinación| título_anterior | título_seguinte }}

Que queda así:


<<<< >>>>


Calidade do textoEditar

Hai unha serie de categorías para meter tódalas obras, e entre elas están as de calidade.

  • Categoría:25% - Aqueles textos que estean incompletos, os textos con partes sen traducir, textos non estruturados.
  • Categoría:50% - Aqueles textos xa en galego e completos pero que precisan dun traballo serio de dar formato e revisión.
  • Categoría:75% - Aqueles textos que xa teñan ben o formato, que están en galego pero que tan só foron revisados por un usuario.
  • Categoría:100% - Aqueles textos que, cumprindo tódolos estándares de calidade, sexan revisados por varios usuarios e reciban o visto e prace.

Notas ao péEditar

Notas do texto orixinalEditar

Nalgunhas obras, como pode ser a Biblia Católica, a edición leva notas explicativas ao pé da páxina. Isto pode facerse co marcador "ref". Logo, á fin da páxina, engádese o título "Notas ao pé" e engádense as referencias, o ideal sería que estivesen nun tamaño máis pequeno.


...

texto.<ref>Nota ao pé.</ref>

...

== Notas ==
{{Listaref}}

Notas do tradutorEditar

Cando o tradutor (se o texto orixinal é noutra lingua) considere necesario engadir unha nota ao pé sobor a tradución, xa sexa unha explicación sobre unha verba sen traducir ou calquera outra cousa, engadirá unha referencia ao mesmo xeito que o explicado anteriormente, máis precisando que a nota é del, non do orixinal.

...
texto.<ref>NdoT: Nota.</ref>
...

Isto tamén pódese empregar para engadir notas xeográficas (seica un ruso sabe onde está Volgogrado, máis un galego pode que non), notas incluíndo datas ou erros do orixinal etc.