Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Disposicións finais
Proposta de Estatuto para Galicia Bloque Nacionalista Galego 2005
Disposicións transitorias, finais e derrogatoria
editarDisposición adicional primeira
editarNo prazo de seis meses a contar da publicación do presente Estatuto, constituirase a Comisión Mixta prevista no art. 72. Na súa primeira reunión aprobará o seu regulamento interno.
Disposición adicional segunda
editarO Parlamento da Galiza reclamará ás Cortes Xerais que declaren a lingua galega idioma oficial nos órganos centrais do Estado español. Como lingua de Galiza, o galego será de uso oficial no Senado, en canto Cámara de representación territorial, así como, no seu caso, no Congreso dos Deputados. Recoñecerase ademais o seu emprego polos representantes galegos nas institucións da Unión Europea como lingua oficial da mesma.
Disposición final primeira
editarA aprobación deste Estatuto é a forma de manifestación institucional na que se concreta, no momento presente, o dereito inalienábel de libre decisión do que é titular o pobo galego e non supón renuncia algunha a que, no futuro, o exercicio deste dereito poida adoptar outra forma de concreción institucional.
Diposición final segunda
editarO Parlamento de Galiza reclamará aos Parlamentos das Comunidades Autónomas ás que actualmente pertencen as comarcas limítrofes de fala galega, que a declaren co-oficial no territorio dos concellos desas comarcas e nos órganos institucionais centrais das respectivas Comunidades Autónomas.
Disposición final terceira
editarPoderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei.
Disposición Transitoria
editarEn tanto non se estabelecer a organización territorial de conformidade co estabelecido no presente Estatuto, o Goberno de Galiza coordenará a actuación das Deputacións Provinciais e tutelará a súa actuación financeira.
Disposición derrogatoria
editarFica derrogado o Estatuto de Autonomía de Galiza de 1981 e cantas disposicións legais da Comunidade Autónoma da Galiza se opuxeren aos preceitos deste novo Estatuto de Galiza.
Anterior: Título VII |
Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005 |