Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Título VII


Proposta de Estatuto para Galicia       Bloque Nacionalista Galego       2005
 


Título VII: Reforma estatutaria

editar

Artigo 104. Reformas substantivas

editar

Os proxectos de reforma total do Estatuto ou de reforma parcial que afecten aos títulos preliminar, primeiro, terceiro, quinto e sexto han de ser aprobados por unha maioría cualificada de tres quintos do Parlamento, que ademáis deberá ser sometida a referendo favorábel da maioría absoluta de máis da metade do electorado de Galiza.

Artigo 105. Reformas ordinarias

editar

Para a aprobación das reformas ordinarias do Estatuto será suficiente a maioría absoluta favorábel dos membros do Parlamento da Galiza.

Artigo 106. Iniciativa para a reforma do Estatuto

editar

1. A iniciativa de reforma substantiva do Estatuto corresponde a una quinta parte dos membros do Parlamento, ao Goberno ou a cincuenta mil electores.
2. A iniciativa das reformas ordinarias corresponderá a unha quinta parte dos membros do Parlamento ou ao Goberno.

Anterior:
Título VI
Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005 Seguinte:
Disposicións finais