Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi/Título preliminar


Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi: Título preliminar       Parlamento Vasco       2004
 


Título preliminar editar

Artigo 1.- Da Comunidade de Euskadi editar

1. Como parte integrante do Pobo Vasco ou Euskal Herria, os Territorios vascos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa, así como os cidadáns e cidadás que os integran, no exercicio do dereito a decidir libre e democráticamente o seu propio marco de organización e de relacións políticas, e como expresión da súa nacionalidade e garantía de autogoberno, se constitúen nunha Comunidade vasca libremente asociada ó Estado español baixo a denominación de Comunidade de Euskadi.

Artigo 2.- Territorio editar

1. O ámbito territorial da Comunidade de Euskadi comprenderá os límites xeográficos e administrativos que se corresponden coas actuais demarcacións que constitúen os Territorios Históricos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa.

2. Dende o respeto ó principio democrático, poderán agregarse á Comunidade de Euskadi os encraves territoriais que, estando situados na súa totalidade dentro do seu territorio, se manifesten, libre e democráticamente a prol da súa incorporación, mediante o cumprimento dos requisitos seguintes:
a) Que soliciten a incorporación os Concellos interesados.
b) Que o acorden os habitantes dos Municipios do encrave, mediante referendo que deberá ser convocado ó efecto, aprobado por maioría dos votos válidos emitidos.
c) Que o aproben o Parlamento Vasco e as Cortes Xerais do Estado.

Artigo 3.- Símbolos editar

1. Euskadi disponrá de símbolos propios de representación da súa identidade nacional, tanto no interior como no exterior. Por Lei do Parlamento Vasco regularase o uso e prelación dos símbolos políticos en Euskadi.

2. A bandeira de Euskadi é a bicrucífera, composta de aspa verde, cruz branca superposta e fondo vermello. Asimesmo, recoñécense as bandeiras e enseñas propias dos Territorios Históricos que integran Euskadi.

3. Corresponderá ó Parlamento Vasco aprobar as modificacións que se estimen convintes en relación coa denominación lingüística de Euskadi ou das súas Institucións propias. Asimesmo corresponderá ás Instituciones respectivas dos seus Territorios Históricos aprobar as modificacións que estimen convintes en relación coas denominacións lingüísticas de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa, e a das súas Institucións Forais.

Artigo 4.- Cidadanía e nacionalidade vasca editar

1. Corresponde a cidadanía vasca a tódalas persoas que teñan veciñanza administrativa nalgún dos municipios da Comunidade de Euskadi. Tódolos cidadáns e cidadás vascas, sen ningún tipo de discriminación, disporán na Comunidade de Euskadi dos dereitos e deberes que recoñece o presente Estatuto e o ordenamento xurídico vixente.

2. Recoñécese oficialmente a nacionalidade vasca para tódolos cidadáns e cidadás vascas, de conformidade co carácter plurinacional do Estado español. A adquisición, conservación e perda da nacionalidade vasca, así como a súa acreditación, seran reguladas por Lei do Parlamento Vasco axustándose ós mesmos requisitos esixidos nas Leis do Estado para a nacionalidade española, de xeito que o disfrute ou acreditación indistinta de ambas será compatible e producirá en plenitude os efectos xurídicos que determinen as Leis.

3. Ninguén poderá ser discriminado en razón da súa nacionalidade nin privado arbitrariamente da mesma.

Artigo 5.- Diáspora vasca editar

1. Tódalas persoas residentes no exterior que tiñan disposto da súa derradeira vecindade administrativa na Comunidade de Euskadi, así como os seus descendentes, se así o solicitaran, poderán gozar, de conformidade co que dispoñan as Leis, tanto da nacionalidade vasca como dos dereitos políticos que corresponden ós cidadáns e cidadás vascas.

2. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, as Institucións vascas fomentarán dende unha perspectiva integral os vínculos sociais, económicos e culturais cos membros das colectividades e centros vascos no exterior. Por Lei do Parlamento Vasco se regularán as relacións cos mesmos, así como os dereitos e prestacións que se consideren oportunos.

3. A fin de prestar a asistencia necesaria ós membros das colectividades vascas no exterior, as Institucións vascas poderán formalizar convenios e tratados de cooperación con institucións públicas e privadas dos países nos que se ubican.

Artigo 6.- Relacións coa Comunidade Foral de Navarra editar

1. A Comunidade de Euskadi e a Comunidade Foral de Navarra poderán establecer os vínculos políticos e as relacións internas a nivel municipal e territorial que consideren máis adecuadas para o desenvolvemento e o benestar social, económico e cultural dos seus cidadáns e cidadás, sen máis limitación que a propia vontade dos mesmos, expresada e ratificada de conformidade cos correspondentes ordenamentos xurídicos de ambas Comunidades.

2. A estes efectos, se poderán celebrar convenios e acordos de cooperación entre ambas Comunidades para o desenvolvemento e a xestión de ámbitos de interese común, incluíndo, no seu caso, a posibilidade de establecer instrumentos comúns de cooperación, se así fora aprobado polas súas respectivas Institucións de autogoberno. O Estado respectará en todo caso a celebración dos convenios e acordos de cooperación entre ambas Comunidades, non resultando, polo tanto, de aplicación a ditas relacións, o disposto no artigo 145 da Constitución.

3. Se no futuro, os cidadáns e cidadás da Comunidade de Euskadi e os da Comunidade Foral de Navarra decidiran libremente conformar unha estrutura política conxunta, se establecerá, de común acordo, un proceso de negociación política entre as Institucións respectivas para artigar un novo marco de organización e de relacións políticas que, en último termo, deberá ser ratificado pola cidadanía de ámbalas dúas Comunidades.

Artigo 7.- Relacións cos Territorios vascos de Iparralde editar

No marco da Unión Europea, se propiciará a sinatura dos Acordos e Tratados que sexan precisos para que os Territorios e Comunidades vascas situadas a ambos lados dos Pirineos, podan empregar, da forma máis ampla e extensa posible, as potencialidades que ofrece a normativa actual ou futura de cooperación transfronteriza para estreitar os especiais lazos históricos, sociais e culturais, entre a Comunidade de Euskadi e os Territorios e Comunidades vascos ubicados no Estado francés, incluíndo a capacidade de establecer instrumentos de cooperación a nivel municipal e territorial, dende o respeto á vontade dos seus cidadáns e cidadás respectivos.

Artigo 8.- Éuscaro editar

1. O éuscaro, lingua propia do Pobo Vasco terá, como o castelán, carácter de lingua oficial en Euskadi, e tódolos seus habitantes teñen o dereito a coñecer e empregar ambas as linguas.

2. As Institucións vascas, tendo en conta a diversidade sociolingüística, garantirán o uso de ambas as linguas, regulando o seu carácter oficial, e arbitrarán e regularán as medidas e medios necesarios para asegurar o seu coñecemento.

3. Ninguén poderá ser discriminado por razón da lingua.

4. A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia é Institución consultiva oficial no referente ó éuscaro.

5. Por ser o éuscaro patrimonio de outros Territorios vascos e comunidades, ademais dos vínculos e correspondencia que manteñan as Institucións académicas e culturais, a Comunidade de Euskadi poderá formalizar os acordos ou convenios que permitan o establecemento de relacións culturais cos mesmos, a fin de salvagardar e fomentar o éuscaro.

Artigo 9.- Valores do Autogoberno vasco editar

O exercicio do autogoberno vasco se rexirá polos valores da liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político; polo recoñecemento e garantía dos dereitos e deberes fundamentais recollidos nos canons universais declarativos dos dereitos humanos; así como polos principios esenciais do sistema político democrático e do estado de dereito.

Artigo 10.- Dereitos Humanos e Liberdades editar

1. De acordo cos valores do autogoberno vasco, e atendendo ó carácter prioritario da defensa e protección dos Dereitos Humanos e Liberdades de tódalas persoas, o Parlamento Vasco desenvolverá por Lei unha Carta de Dereitos e Deberes Civís e Políticos da cidadanía vasca.

2. Asemade unha Lei do Parlamento Vasco regulará a creación dun Observatorio Vasco de Dereitos Humanos e Liberdades, como instrumento independente para velar pola defensa dos dereitos humanos e liberdades de tódalas persoas, sen distinción.

Artigo 11.- Dereitos e deberes fundamentais da cidadanía vasca editar

1. Os cidadáns e cidadás vascas son titulares dos Dereitos e Deberes fundamentais establecidos na Constitución; os dereitos e obligacións establecidos nos tratados da Unión Europea, que lles corresponden en canto á súa condición de cidadáns e cidadás europeas; así como dos dereitos humanos, individuais e colectivos, recoñecidos internacionalmente e, en particular, os recollidos expresamente na Declaración Universal de Dereitos Humanos, o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, e o Convenio Europeo para a protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais.
2. Os poderes públicos vascos, no ámbito da súa competencia:
a) Velarán e garantirán o adecuado exercicio dos dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns e cidadás.
b) Facilitarán a participación de tódolos cidadáns e cidadás na vida política, económica, cultural e social vasca.
c) Adoptarán aquelas medidas dirixidas a promover as condicións e a remover os obstáculos para que a liberdade, a seguridade e a igualdade das persoas e dos grupos nos que se integran sexan efectivas e reais.
d) Impulsarán particularmente unha política tendente á mellora das condicións de vida e traballo.
e) Adoptarán aquelas medidas que tendan a fomentar o incremento do emprego e a estabilidade económica.
f) Garantirán o respeto ós dereitos das minorías existentes no seu seo.
3. Atribúese ás Institucións vascas o desenvolvemento constitucional, no ámbito da Comunidade de Euskadi, do exercicio dos dereitos e deberes fundamentais que garanten a representatividade e participación da cidadanía na vida política, económica e social, a través dos partidos políticos, así como dos sindicatos de traballadores e asociacións empresariais. A estes efectos, por Lei do Parlamento Vasco se establecerá o rexime de creación, recoñecemento, organización e extinción de partidos políticos, sindicatos de traballadores e asociacións empresariais na Comunidade de Euskadi. As Leis Orgánicas do Estado garantirán a súa interlocución e participación diferenciada ante as Institucións e Órganos da Administración do Estado.
4. Corresponde á Comunidade de Euskadi a creación e regulación, por Lei do Parlamento Vasco, da Institución do Ararteko como órgano singular designado e adscrito ó mesmo, que exerce a defensa dos dereitos e deberes fundamentais da cidadanía vasca mediante a supervisión da actividade das Administracións públicas, dando conta ó propio Parlamento.


Anterior:
Preámbulo
Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi Seguinte:
Título I