Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo
Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo, polo que se amplia a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios. [1]
A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, publicada no «Boletín Oficial del Estado» do 5 de maio seguinte, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3, ca fin de amplialo dereito á protección a persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non pertenzan á Comunidade Económica Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.
Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou as decisións 87/532/CEE, do 26 de outubro de 1987, e 88/311/CEE, do 31 de maio de 1988, notificadas de conformidade co segundo párrafo do artigo 191 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, relativas a ampliacións da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios.
Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da Lei 11/1988, do 3 de maio, e tendo en conta as decisións adoptadas polo Consello das Comunidades Europeas, procede establece-la correspondente norma nacional relativa á ampliación da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que se conteñen no anexo da presente disposición.
Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria e Enerxía, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 7 de xullo de 1989,
DISPOÑO:
- Artigo 1 Beneficiarios da protección
1. Benefíciaranse da protección prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos protutos semicondutores, as persoas naturais que sexan nacionais dun país ou territorio que figure no anexo desta disposición ou que teñan a súa residencia habitual nun de ditos países ou territorios.
2. Benefíciaranse igualmente da misma protección as persoas xurídicas dun país ou territorio que figuren no citado anexo, que teñan un establecemento industrial ou comercial real e efectivo en dito país ou territorio, a condición de que as persoas xurídicas dos estados membros da Comunidade Europea que teñan dereito á protección, prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, se beneficien da protección no país ou territorio de que se trate.
- Artigo 2 Duración da protección
1. A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas no artigo 1 só se extenderá ata o día 7 de novembro de 1990.
2. Non obstante o disposto no apartado anterior, calquera dereito exclusivo adquirido en virtude do presente Real Decreto, seguirá surtindo efectos durante a duración prevista no artigo 7 da Lei 11/1988, do 3 de maio.
Disposición derradeira
editar- Única
O presente Real Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».
Dado en Madrid a 7 de xullo de 1989.
O Ministro de Industria e Enerxía,
ANEXO
editarPaíses e territorios:
- Dependencias de Santa Helena (Ascensión, Tristán da Cunha)
Nota
editar- ^ Derrogado polo Real Decreto 149/1996, do 2 de febreiro na medida en que amplíe a protección outorgada pola Lei 11/1988, do 3 de maio, a países ou territorios que son parte no Acordo polo que se crea a Organización Mundial do Comercio.