Wikisource:Como crear unha páxina

(Redirección desde «Wikisource:CCP»)
Atallo:
WS:CCP

Podes crear unha páxina mediante esta fiestra se estás completamente seguro de que non existe outra páxina co mesmo contido que vas editar:

Galipedia, a enciclopedia que calquera pode editar!
Introduce un título:
e fai clic en "Crear un novo texto"

Unha páxina nova pode comezarse deste xeito, que te levará a unha fiestra onde se pode comezar a escribir. Ou ben:

  • Premendo nun enlace en vermello dunha páxina xa existente. Iso levará a esa fiestra.
  • Tamén se pode escribir o título na barra de navegación do noso navegador, a continuación de http://gl.wikisource.org/wiki/ (pero se é un usuario inexperto non se recomenda esta opción). Se non existe a páxina, aparécenos unha fiestra na que di que aínda non hai texto nesa páxina. Enriba temos unha lapela que ofrece a posibilidade de editala, co que estaremos xa nunha situación equivalente á dos casos anteriores.

Unha vez creada a páxina, debemos procurar que non quede illada, iso quere dicir que temos que buscar relacións con outras páxinas e establecer ligazóns entre elas. Dese xeito será moito máis doado atopar a información que se busca nesta enciclopedia.

  • Nota importante: o título debe ser claro, que inequivocamente indique o contido, e o máis sinxelo posible, gardando as normas sobre maiúsculas/minúsculas, separacións entre palabras, etc.

Frecha. Voltar a Wikisource:Axuda.