Wikisource:Como editar unha páxina

Quizais deberías consultar tamén Wikisource:Introdución, Wikisource:Guía e Wikisource:Libro de estilo.

Wikisource é un wiki, o que significa que calquera pode editar facilmente todas as páxinas desprotexidas e gardar inmediatamente, na base de datos, as modificacións que se lles fagan ás páxinas. Isto fará que as alteracións sexan visibles para calquera outro lector sen ningún tipo de revisión previa. Logo de facer a túa primeira edición, converteraste nun editor de Wikisource!

Guía rápida

editar
Páxina principal: Wikisource:Guía de edición.

Editar, previsualizar e gardar

editar

É moi sinxelo editar as páxinas de Wikisource, dado que chega con:

  1. Premer na lapela editar que se atopa na parte superior da páxina en cuestión; isto fará que apareza unha caixa editable con todo o texto do artigo.
  2. Facer os cambios que se queiran realizar no texto.
  3. Finalmente, premer en Amosar a vista previa para visualizar os resultados e, despois, en Gardar a páxina unha vez que os cambios no texto fosen feitos.

Resumo

editar
Páxina principal: Axuda:Resumo de edición.

É moi recomendable escribir unha pequena descrición dos cambios realizados na páxina, indicándoos escribindo unha breve descrición no cadro Resumo que se atopa baixo a caixa de edición. Deste xeito, todos os colaboradores saberán facilmente o obxecto da modificación. Tamén sería bo citar as fontes usadas para que outros poidan comprobar e prolongar o traballo realizado.

Formato wiki

editar
Páxina principal: Wikisource:Libro de estilo.

O que se ve na caixa de edición é texto e máis nada. Ao fixarse detidamente poderase observar que non todo o texto agora á vista é o que se pode ler ao ver a páxina normalmente; isto é, haberá algúns símbolos especiais que o programa wiki usa para crear ligazóns, listas e outros efectos. (Nas próximas seccións explícase como empregar estas ferramentas.)

Como xa dixemos, no contido da caixa de edición poderase atopar, alén do texto, algúns comandos especiais; sendo o máis básico e doado unha ligazón interna. Para creala, só hai que incluír a palabra ou termo desexado entre parénteses rectas, [[ e mais ]].

  • Por exemplo, se na caixa de edición se inclúe o seguinte texto: [[Castelao]], na vista normal da páxina aparecerá: Castelao.

Como se pode comprobar, se xa existe unha páxina co título do termo, aparecerá o texto en cor azul, facendo que ao premer nesa ligazón o navegador vaia á páxina correspondente. Se, pola contra, a páxina non existe, a ligazón aparecerá de cor vermella e ao facer clic nela o navegador irá á caixa de edición desa páxina, lugar onde se poderá gardar para finalizar a súa creación.

Licenza

editar
Páxina principal: Wikisource:Dereitos de autor.

Sempre hai que lembrar que todo o que se escribe no Wikisource debe estar libre de dereitos de autor ou pola contra este será eliminado. Se alguén decide publicar textos da súa propia autoría estes terán implicitamente a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 e a GFDL. Isto implica que, sempre que se manteña a mesma licenza, calquera persoa poderá editar, modificar ou mesmo eliminar este texto.

Como crear unha páxina nova

editar

Hai varios xeitos de crear unha páxina. Entre eles, atópase este que vén a continuación. Só hai que escribir o nome da páxina e premer en Crear un artigo novo:

Galipedia, a enciclopedia que calquera pode editar!
  • Nota: é moi recomentable para persoas sen experiencia que practiquen antes na Zona de probas existente na Galipedia.

Que nome pórlle ao artigo?

editar

Antes de crear un artigo, é conveniente revisar as convencións establecidas. Estas recomendacións axudan a atopar o mellor título para o artigo que se queira crear.

Ligazóns

editar

As ligazóns son unha ferramenta do wiki que serve para poder acceder a unha páxina ligada con só premer no texto co punteiro do rato. Hai diversos tipos de ligazóns:

  • As ligazóns que levan a outras páxinas do mesmo wiki.
  • As ligazóns que levan a unha parte concreta dunha páxina do mesmo wiki.
  • As ligazóns que levan a páxinas doutros proxectos (inclúense os dous tipos de enriba).
  • As ligazóns que levan a páxinas de redirección, as cales dirixen o navegador á páxina co título correcto no wiki.
  • As ligazóns que levan a páxinas externas, as que se atopan fóra do wiki.
  • As ligazóns que levan a ISBN de libros.

Agora que temos os tipos de ligazóns e como facelas, velaquí uns exemplos:

Exemplos de ligazóns correctas
Texto Código

Bandeira de Galicia

[[Bandeira de Galicia]]

Jimbo Wales

[[Jimbo Wales]]

Granada

[[Granada, Caribe|Granada]]
Exemplos de ligazóns con erros
Texto Código Observacións

Bandeira_de_Galicia

[[Bandeira_de_Galicia]]

Non son necesarias as barras baixas.

jimbo wales

[[jimbo wales]]

As dúas iniciais dos nomes propios deben ser maiúsculas.

Granada, Caribe

[[Granada, ]] Caribe

A ligazón non apuntará á páxina correcta.

Ligazóns internas

editar

Como xa se describiu máis enriba, as ligazóns créanse rodeando o texto que se quere ligar entre dúas parellas de corchetes rectos, [[ e ]]. Ademais, pódese facer que na páxina apareza un texto distinto ao nome da páxina ligada.

  • Por exemplo, se se quere facer unha ligazón á páxina chamada "viño", pero que ao ler o texto da páxina se vexa "bebida", hai que escribir os dous termos separando por unha barra vertical, ou sexa: [[Viño|bebida]]. O método sería o seguinte: [[Páxina que se quere ligar|Texto que se le]].

Ligazóns a outros artigos

editar

Este tipo de ligazón é a máis sinxela: o formato é meter o texto entre corchetes, como xa se indicou máis arriba.

  • Nota: as únicas cousas a ter en conta é que hai que respectar as maiúsculas e minúsculas, así coma os símbolos especiais do título, incluíndo os dous puntos (:) que aparecen sistematicamente no nome de certas páxinas, máis contretamente chamadas espazos de nomes: "Especial:", "Wikisource:", "Usuario:" ou "Conversa usuario:".

Así como se pode facer que se lea un texto diferente ao da ligazón, este recurso serve para ligar moitos plurais.

  • Por exemplo, para facer a ligazón a "viño" pero no texto debemos usar o plural, o xeito máis recomendable é escribir [[Viño]]s. Non obstante, o sistema interpretaría de maneira igualmente correcta (e daría o mesmo resultado) se se escribise [[Viño|viños]].

Ligazóns a unha parte concreta dunha páxina

editar

Se o que queremos é ligar unha sección en concreto dunha páxina o procedemento é similar: créase unha ligazón ao artigo, pero tras el agora hai que introducir o símbolo "#", seguido do nome do epígrafe ou sección.

  • Por exemplo, a ligazón [[Wikisource:Como editar unha páxina#Ligazóns]] fará que ao premer nela o navegador sexa dirixido ao apartado chamado "Ligazóns" do artigo "Wikisource:Como editar unha páxina", é dicir, a este mesmo, aparecendo como Wikisource:Como editar unha páxina#Ligazóns.

Para personalizar este tipo de ligazóns, tamén se pode poñer un texto distinto ao ligado mediante a barra vertical.

  • Por exemplo, [[Wikisource:Como editar unha páxina#Ligazóns|tipos de ligazón existentes]], que daría como resultado visible: tipos de ligazón existentes.

Redireccións

editar

Se o que se desexa facer é unha redirección dunha páxina cara a outra a sintaxe é a empregada a continuación:

#REDIRECCIÓN [[nome da páxina á que redirixir]]
  • Nota: as páxinas de redirección non poden ter outro texto que non sexa ese.

O resultado e obxectivo das redireccións é levar á páxina correcta ao premer sobre unha ligazón. O seu uso serve para os casos nos que unha páxina ou artigo pode ter múltiples títulos.

Ligazóns externas

editar

As ligazóns externas son aquelas que levan a unha páxina que se atopa fóra do wiki desde o que esta está ligada.

Ligazóns a outros proxectos Wikimedia

editar

As ligazóns a outros Wikisources ou outros proxectos da Fundación Wikimedia noutras linguas aparecen sempre todas xuntas na marxe esquerda das páxinas. O xeito de crealas é moi sinxelo porque simplemente hai que facer unha ligazón interna coa seguinte sintaxe: [[código da lingua:nome da páxina na outra lingua]]

  • Por exemplo, [[de:Artikel]] creará unha ligazón ao artigo "Artikel" do Wikisource en alemán.

Grazas a esta sintaxe o sistema do wiki interpretará que é unha ligazón interwiki. Porén, desde a implantación do Wikidata o 6 de marzo de 2013, a lista coas ligazóns ao artigo noutras linguas xestiónase desde este proxecto para todos os Wikisources, facendo innecesaria a inclusión desta lista ao final dos artigos como se facía ata ese momento.

Non obstante, algo diferente é que se queira que ligazón apareza no texto. Para iso hai facer como antes, pero poñerlle dous puntos (:) despois dos corchetes: [[:código da lingua:nome da páxina na outra lingua]]

  • Por exemplo, [[:de:Artikel]] creará unha ligazón á páxina chamada "Artikel" no Wikisource en alemán, e aparecerá no texto como de:Artikel (nótese que á vista non aparecen os dous puntos iniciais).

Tamén se poden usar barras verticais para que apareza un texto distinto, como xa se viu cos outros tipos de ligazóns: [[:código da lingua:nome da páxina na outra lingua|texto que se le]].

Para facer isto hai que saber os códigos das linguas e os nomes dos artigos exactamente como están no outro Wikisource(incluíndo os seus caracteres especiais na súa ortografía).

Para ligar cos outros proxectos irmáns en galego, faise preceder o nome do artigo dun código especial no canto do código de lingua. Así: [[código do proxecto:nome da páxina|texto que se le]]. Por exemplo, [[wikt:fume|Fume]] permite acceder ao artigo "fume" que hai no Galizionario.

A seguinte lista contén os prefixos (completos e abreviados) que se poden empregar:

Proxecto Forma longa Forma abreviada
Wikipedia (Galipedia) [[wikipedia:]] [[w:]]
Wiktionary (Galizionario) [[wiktionary:]] [[wikt:]]
Wikinews [[wikinews:]] [[n:]]
Wikibooks (Galilibros) [[wikibooks:]] [[b:]]
Wikiquote (Galicitas) [[wikiquote:]] [[q:]]
Wikisource (Galifontes) [[[[wikisource:]]]] [[s:]]
Wikispecies [[species:]]
[[wikispecies:]]
-
Wikiversity [[wikiversity:]] [[v:]]
Wikivoyage [[wikivoyage:]] [[voy:]]
Wikimedia Foundation
(Fundación Wikimedia)
[[wikimedia:]]
[[foundation:]]
[[wmf:]]
Wikimedia Commons [[commons:]] -
Wikimedia Meta-Wiki [[meta:]]
[[metawikipedia:]]
[[m:]]
Wikimedia Incubator (Incubadora) [[incubator:]] -
MediaWiki [[mediawikiwiki:]] [[mw:]]
Bugzilla [[bugzilla:]]
[[mediazilla:]]
-
Wikidata [[wikidata:]] [[d:]]

Ligazóns a páxinas web fóra do wiki

editar

As ligazóns a páxinas web que non se atopan no wiki pódense facer de dous xeitos:

  1. Incluíndo directamente o enderezo URL. Isto fará que todo o enderezo poida ser lido:
    • Por exemplo, http://www.gnu.org dará como resultado: http://www.gnu.org
    • Nota: esta primeira sintaxe está desaconsellada e é moi pouco usada.
  2. Incluíndo o enderezo URL cun corchete de apertura ao principio seguido dun espazo e o texto que se quere que se lea e outro corchete de peche á fin, despois do texto: [http://www.nome.dominio Texto que se lerá]

ISBN de libros

editar

As ligazóns mediante o ISBN dos libros levan ao lector directamente a unha páxina especial onde se listan certas librerías galegas ás que se pode recorrer para atopalos. Neste caso, non é necesario o uso de corchetes, basta o código sen ningún formato especial para que saia a ligazón automaticamente.

Categorías e modelos

editar

As categorías e mais os modelos son páxinas moi especiais dentro do Wikisource. As primeiras sempre toman a forma [[Categoría:a que sexa]] e agrupan automaticamente todos os artigos onde estea incluído este código.

  • Por exemplo, a totalidade de páxinas nas que aparece [[Categoría:Axuda]] aparecerán dentro da categoría "Axuda".

Non obstante, se o que se quere é facer unha ligazón interna e deste xeito non engadir unha páxina á categoría, débense facer igual que no exemplo das ligazóns interlingüísticas, poñendo dous puntos (:) tras os primeiros corchetes: [[:Categoría:nome da categoría]]. Como en todos os casos, pódese pór unha barra para facer que se vexa un texto diferente ao escrito.

  • Por exemplo, [[:Categoría:Lingüística]] creará unha ligazón á categoría chamada "Lingüística", e aparecerá no texto como Categoría:Lingüística, e [[:Categoría:Lingüística|Ciencia que fala da lingua]] farao como Ciencia que fala da lingua (nótese que á vista non aparecen os dous puntos iniciais).

Algo distinto son os modelos ou mensaxes predefinidas, que se escriben co seu nome entre chaves: {{nome do modelo}}. Isto fai que se inclúa indirectamente a páxina (por defecto co espazo de nomes "Modelo:") co nome dado.

  • Por exemplo, para que apareza a mensaxe para marcar o borrado dunha páxina abonda con escribir ao comezo da mesma: {{Lixo}}.

Pola contra, outras veces non se quere que apareza a transclusión do contido do modelo, senón que se busca unha ligazón. Isto faise tratándoa como unha ligazón normal, lembrando sempre o prefixo "Modelo:".

Imaxes

editar
Páxina principal: Wikisource:Como engadir imaxes.

Se se introduce o URL dunha imaxe, amosarase este enderezo URL inserido en troques de ligala ou mostrala.

 
Logo da Galipedia.

Se o que se quere é incluína nunha páxina haberá que seguir a sintaxe: [[Ficheiro:nome da imaxe.extensión]]. Ademais, pódense incluír diferentes parámetros que definirán o xeito de mostrar a propia imaxe, tales como o tamaño (en píxeles), a posición (dereita ou esquerda) ou o pé de foto (miniatura). Todos eles irán separados por barras verticais.

  • Por exemplo, [[Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl.png|miniatura|150px|dereita|Logo da Galipedia.]] dará como resultado a imaxe da dereita.

Para ligar as imaxes sen as facer aparecer na páxina hai que usar os dous puntos (:) antes do prefixo "Ficheiro:".

Efectos

editar

A continuación pode verse o modo correcto de como realizar os diversos efectos posibles usando o código wiki.

Resultado final Código wiki

Este é un parágrafo...

...e este é outro.

  • Para engadir novos parágrafos preme a tecla «intro» dúas veces. Se pulsas unha soa vez non se engadirá un novo parágrafo.

Este é un parágrafo...

...e este é outro.

Esta liña está en cursiva.

Estoutra liña está en negra.

Por último, nesta combínanse os dous tipos: a negra e mais a cursiva.

  • A cursiva conséguese con dous comiñas sinxelas ('') ao comezo e á fin do texto, mentres que a negra se fai con tres; para a negra e cursiva á vez necesítanse cinco.

''Esta liña está en cursiva.''

'''Estoutra liña está en negra.'''

'''''Por último, nesta combínanse os dous tipos: a negra e mais a cursiva.'''''

  • Este é un elemento dunha lista de asteriscos
  • Este é outro
  1. Estoutro está nunha lista numerada
  2. Igual ca este
  • Pódense crear listas de asteriscos ou numeradas para ir enumerando diferentes elementos nunha relación.

*Este é un elemento dunha lista de asteriscos

*Este é outro

#Estoutro está nunha lista numerada

#Igual ca este

Esta liña ten sangría.
Esta ten aínda máis sangría.
E mesmo máis.
  • Para que un texto teña sangría só hai que engadir dous puntos (:) ao comezo da liña. Cantos máis dous puntos se insiran, máis sangría terá o texto.

:Esta liña ten sangría.

::Esta ten aínda máis sangría.

:::E mesmo máis.


  • Pódese facer unha liña horizontal nunha páxina con catro raias horizontais seguidas.

----

Esta liña é un exemplo sobre como amosar o [[código]] da
[[Artigo|páxina]] usando a etiqueta "pre".


Esta liña é un exemplo sobre como amosar o [[código]] da [[Artigo|páxina]] usando a etiqueta "nowiki".

  • A diferenza entre <nowiki> e </pre> é que a segunda etiqueta preserva os saltos de liña, mentres que a primeira non o fai.

<pre>Esta liña é un exemplo sobre como amosar o [[código]] da [[Artigo|páxina]] usando a etiqueta "pre".</pre>


<nowiki>Esta liña é un exemplo sobre como amosar o [[código]] da [[Artigo|páxina]] usando a etiqueta "nowiki".</nowiki>

Podes empregar superíndices e subíndices, así como controlar o tamaño da fonte e a cor!

  • Coas etiquetas "sub" e "sup" obtemos subíndices e superíndices respectivamente, "big" e "small" permítennos cambiar o tamaño e "font color" a cor do texto.

Podes empregar <sup>superíndices</sup> e <sub>subíndices</sub>, así como controlar o <big>tam</big><small>año</small> da fonte e a <font color="green">cor</font>!

Tamén se pode riscar texto e subliñar contidos.

  • O riscado pode servir nas conversas ou votacións (para eliminar comentarios cos que xa non se está de acordo e invalidar votos) e o subliñado é útil nas conversas para resaltar algunha parte do comentario.

Tamén se pode <s>riscar</s> texto e <u>subliñar</u> contidos.

Ademais tamén se pode centrar un texto.
  • Para centrar un texto basta con usar a etiqueta "center"
<center>Ademais tamén se pode centrar un texto.</center>
  • Aquí non se ve nada, porque son comentarios e axudas para futuros editores (non lectores) da páxina.

<!-- Aquí poden ir tódolos comentarios que desexes, na vista normal da páxina (lectura) non se van ver. Este texto só se verá ao editar a páxina. -->

Cabeceira de 1º nivel

Cabeceira de 2º nivel

Cabeceira de 3º nivel

Cabeceira de 4º nivel
  • Co símbolo igual (=) a ambos os lados dun texto podemos crear diferentes seccións dentro dun texto.

==Cabeceira de 1º nivel==

===Cabeceira de 2º nivel===

====Cabeceira de 3º nivel====

=====Cabeceira de 4º nivel=====

Táboas

editar
Páxina principal: Wikisource:Como facer táboas.

O código wiki permite a creación de diversas táboas.

  • Exemplo 1:
Elemento un Elemento dous
Elemento tres Elemento catro
{| {{Táboabonita}}
|-----
| bgcolor="#f3f300" | Elemento un || bgcolor="#00f3f3" | Elemento dous
|-----
| Elemento tres || Elemento catro
|}
  • Exemplo 2:
Elemento un Elemento dous
Elemento tres Elemento catro
Elemento cinco
{| {{Táboabonita}}
|-----
;
| Elemento un || Elemento dous
|-----
| rowspan="2" | Elemento tres || Elemento catro
|-----
| Elemento cinco
|}
  • Exemplo 3:
Lenda da táboa
Primeira columna Segunda columna Terceira columna Cuarta columna
Primeira fileira Cela 1 Cela 2 Cela 3
Segunda fileira Cela 4 Cela 5, que se estende por dúas columnas
{| {{Táboabonita}}
|+ Lenda da táboa
! Primeira columna !! Segunda columna !! Terceira columna !! Cuarta columna
|-
! Primeira fileira
| Cela 1 || Cela 2 || Cela 3
|-
! Segunda fileira
| Cela 4
|colspan="2" | Cela 5, que se estende por dúas columnas
|}