Calendario (Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


    No ar amorriñado
quer aboiar unha zul incondensión
    Lentitudes de fume
baixo unha cárrega de ingravidade
    Voces de longos ecos
                     desenterran
a non sospeita do lonxe calmo
    Alá os pinos
    vólvense opacidade
    Hase de ver o ennoitecer
                            xurdir da Terra.

    Hoxe está de festa o home raro dono
do calendario dos días pensativos
    que vive aqueles días
cada Inverno e cada Outono
    e non viven máis.

    
    E cando volve o sol dos días
    finda a desta somesa
    adormentadora e dorosa quizáis
    do home raro que si abanca chora.
    Despídese de min
no camiño antre pinos
que se perde na noite
    Pídolle as súas horas
    calendario sin sinos
                        e prométemas
    Dispóis xa non se sabe...
    Deica que volvan as brétemas.


<<<< >>>>