Cantares gallegos/Adios rios, adios fontes


Cantares gallegos       Rosalía de Castro       1863 [1]
 


Cantares Gallegos, Rosalía Castro de Murguía.



13.


Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

Prados, ríos, arboredas,
Pinares que move o vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento,

Muíño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar,

Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios, para sempr' adios!

Adios groria! Adios contento!
Deixo á casa onde nacín,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pólo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

.   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .

Mais son prob' e mal pecado.
A miña terra n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

Téñovos pois que deixar.
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lar,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
Donde meu pai s' enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que nos criou.

Adios tamén, queridiña!....
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
Desd' a veiriña do mar.
Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás....
Tantas légoas mar adentro....
¡Miña casiña! meu lar!



<<<< >>>>

  1. O poema, que tivo orixinalmente o título de “Adiós, que eu voume”, é considerado o primeiro texto da autora en lingua galega e foi publicado en 1861 no xornal madrileño El Museo Universal. En 1862, a mesma peza foi reproducida, xunto con outras cinco, en El Álbum de la Caridad.