Autor:Martín Codax
Martín Codax (ou Martim Codaz, como aparece transcrito no Cancioneiro da Vaticana) foi un trobador galego medieval (do século XIII - ao XIV). A súa orixe non está clara, o xograr procede probabelmente de Vigo, xa que hai numerosas referencias a esta cidade nas súas composicións. Viviu entre a segunda metade do século XIII e comezos do século XIV. Non hai moitos datos sobre a identidade deste xograr.
Obras
editar- Quantas sabedes amar amigo
- Ondas do mar de Vigo
- Ay Deus, se sab' ora meu amigo
- Ay ondas que eu vin veer
- Eno sagrado, en Vigo
- Mia irmana fremosa
- Mandad'ei comigo
Vexa o artigo da Galipedia acerca de Martín Codax |
|