Real Decreto 1369/1992, do 13 de novembro

Real Decreto 1369/1992, do 13 de novembro, polo que se amplía con carácter provisional a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios. [1]

A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, publicada no «Boletín Oficial del Estado» do 5 de maio seguinte, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non pertenzan á Comunidade Económica Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.

O Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo, polo que se amplia a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo, tiña carácter provisional e os seus efectos extendéronse únicamente ata o día 7 de novembro de 1990.

Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a Decisión 90/511/CEE, do 9 de outubro de 1990, pola que se amplía a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, con carácter provisional, a algúns países e territorios a fin de dispoñer do tempo suficiente para fixa-las condicións dunha protección mutua ilimitada.

Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da Lei 11/1988, do 3 de maio, e tendo en conta a Decisión 90/511/CEE adoptada polo Consello das Comunidades Europeas, procede establece-la correspondente norma nacional relativa á ampliación da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no anexo da presente disposición.

Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria, Comercio e Turismo, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 13 de novembro de 1992,

DISPOÑO:

Artigo 1 Beneficiarios da protección

1. Benefíciaranse da protección prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, as persoas naturais que sexan nacionais dun país ou territorio que figure no anexo desta disposición ou que teñan a súa residencia habitual nun de ditos países ou territorios.

2. Benefíciaranse igualmente da mesma protección as persoas xurídicas dun país ou territorio que figuren no citado anexo, que teñan un establecemento industrial ou comercial real e efectivo en dito país ou territorio, a condición de que as persoas xurídicas dos estados membros das Comunidades Europeas que teñan dereito á protección, prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, se beneficien da protección no país ou territorio de que se trate.

Artigo 2 Duración da protección

1. A ampliación de protección xurídica das persoas naturais e xurídicas contempladas no artigo 1 extenderase dende o día 8 de novembro de 1990 ata o día 31 de decembro de 1992.

2. Non obstante o disposto no apartado anterior, calquera dereito exclusivo adquirido en virtude do presente Real Decreto, seguirá surtindo efectos durante a duración prevista no artigo 7 da Lei 11/1988, do 3 de maio.

Disposición derradeira

editar
Única

O presente Real Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».

Dado en Madrid a 13 de novembro de 1992.

JUAN CARLOS R.

O Ministro de Industria, Comercio e Turismo,

JOSÉ CLAUDIO ARANZADI MARTÍNEZ.

Países e territorios:

  1. ^  Derrogado polo Real Decreto 149/1996, do 2 de febreiro na medida en que amplíe a protección outorgada pola Lei 11/1988, do 3 de maio, a países ou territorios que son parte no Acordo polo que se crea a Organización Mundial do Comercio.