Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro

Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro, polo que se sustitúe o anexo do Real Decreto 1370/1992, de ampliación da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores. [1]

O parágrafo primeiro da disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, autoriza ó Goberno para modifica-lo artigo 3.3 da mesma, ca fin de amplia-lo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non pertenzan á Comunidade Económica Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.

O Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro, establece a ampliación, con carácter permanente, da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo.

Dita protección foi ampliada, asimesmo, ás persoas orixinarias de Finlandia, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza, únicamente con carácter provisional, en virtude do Real Decreto 1369/1992, do 13 de novembro, e os seus efectos extendéronse soamente ata o 31 de decembro de 1992.

Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a Decisión 93/17/CEE, pola que se modifica a Decisión 90/510/CEE, no sentido de amplia-la protección segundo o seu artigo 2, con carácter permanente, a partir do 1 de xaneiro de 1993, ós países anteriormente mencionados, dado que os mesmos dispoñen, na actualidade, de lexislacións nacionais adecuadas que establecen tal protección.

Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da Lei 11/1988, do 3 de maio, e tendo en conta a Decisión 93/17/CEE adoptada polo Consello das Comunidades Europeas, procede modifica-la correspondente norma nacional, relativa á ampliación, con carácter permanente, da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios.

Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria e Enerxía, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 26 de novembro de 1993,

DISPOÑO:

Artigo único

O anexo do Real Decreto 1370/1992 sustitúese polo anexo desta disposición.

Disposición derradeira

editar
Única

1. O presente Real Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».

2. A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas, contempladas nos apartados 1 e 2 do artigo único do Real Decreto 1370/1992, entenderase efectiva dende o día 1 de xaneiro de 1993.

Dado en Madrid a 26 de novembro de 1993.

JUAN CARLOS R.

O Ministro de Industria e Enerxía,

JUAN MANUEL EGUIAGARAY UCELAY.

Países e territorios:

  1. ^  Derrogado polo Real Decreto 149/1996, do 2 de febreiro na medida en que amplíe a protección outorgada pola Lei 11/1988, do 3 de maio, a países ou territorios que son parte no Acordo polo que se crea a Organización Mundial do Comercio.