Wikisource:Administradores
No Wikisource calquera pode editar un texto. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores.
Os administradores poden:
- Borrar páxinas e imaxes
- Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
- Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
- Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
- Protexer ou bloquear unha páxina
- Editar páxinas protexidas ou bloquealas
- Reverter páxinas rapidamente
- Editar o espazo de nomes de MediaWiki
Por suposto, os administradores tan só poder facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas do Wikisource.
O que os administradores non son
editar- Non son donos de Wikisource.
- Non son empregados de Wikisource.
- Non teñen autoridade de ningún tipo, máis aló da de calquera outro usuario.
- Non son os responsables de poñer as normas.
- Non son os únicos que poden loitar contra vándalos, arranxar erros, e outras tarefas de mantemento. Todo iso é tarefa de todos os usuarios.
- Non forman unha elite.
- Non deciden que se borra e que non, nin a quen se bloquea e a quen non. Iso decídeno as políticas de Wikisource ou a propia comunidade.
- Non teñen ningunha responsabilidade legal, nin de representación de Wikisource, máis aló da que teña calquera outro usuario.
- Non son infalibles, nin os seus actos teñen por que sentar precedentes.
- Non teñen poder de veto, nin capacidade de decisión maior.
Administradores
editarO número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de administrador é de 2. Esta é a lista completa actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou através da Taberna.
A lista seguinte actualízase manualmente:
Administradores activos:
Agremon (conversa · contribucións) (burócrata) |
Filtro de abusos (conversa · contribucións) |
HombreDHojalata (conversa · contribucións) |
Antigos administradores:
Burócrata
editarOs burócratas son unha clase especial de administradores con poder para nomear ou desnomear a outros administradores e burócratas. Pódese contactar con eles individualmente ou através da Taberna.
A lista seguinte actualízase manualmente:
Os burócratas son:
Agremon (conversa · contribucións) |