Abrir o menú principal

Madrigal á cibdá de Santiago


Madrigal á cibdá de Santiago (Seis poemas galegos)       Federico García Lorca       1935
 


Madrigal á cibdá de Santiago, Seis poemas galegos, Federico García Lorca, Nós, 1935.jpg

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma[1] e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar,
Santiago, lonxe do sol.
Ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.


<<<< >>>>

NotasEditar