Abrir o menú principal

Romaxe de Nosa Señora da Barca


Romaxe de Nosa Señora da Barca (Seis poemas galegos)       Federico García Lorca       1935
 



¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!

A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.

Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortas de néboa
pol-as congostras chegaban.

¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobr'o teu manto
as froles da amortallada!

Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pr'o mar
dend'a porta da súa casa.

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!


<<<< >>>>


Seis poemas galegos de Federico García Lorca
Madrigal á cibdá de Santiago - Romaxe de Nosa Señora da Barca - Cantiga do neno da tenda
Noiturnio do adoescente morto - Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta - Danza da lúa en Santiago