Constitución española de 1978/Disposicións Adicionais
Constitución do Reino de España
|
|
Disposicións adicionais
editarPrimeira
editarA Constitución ampara e respecta os dereitos históricos dos territorios forais.
A actualización xeral dese réxime foral levarase a cabo, se é o caso, no marco da Constitución e dos estatutos de autonomía.
Segunda
editarA declaración de maioría de idade contida no artigo 12 desta Constitución non prexudica as situacións amparadas polos dereitos forais no ámbito do dereito privado.
Terceira
editarA modificación do réxime económico e fiscal do arquipélago canario requirirá informe previo da comunidade autónoma ou, cando non, do órgano provisional autonómico.
Cuarta
editarNas comunidades autónomas onde teñan a súa sede máis dunha audiencia territorial, os estatutos de autonomía respectivos poderán mante-las existentes, distribuíndo as competencias entre elas, sempre de conformidade co previsto na Lei orgánica do poder xudicial e dentro da unidade e independencia deste.