Constitución española de 1978/Título X



Constitución do Reino de España


  Aprobada polas Cortes en sesións plenarias do Congreso dos Deputados  
e do Senado celebradas o día 31 de outubro de 1978,
ratificada polo pobo español en referendo do 6 do mesmo ano
e sancionada polo rei ante as Cortes o día 27 de decembro de 1978.
 


Índice

 

Título X: Da reforma constitucional

editar

Artigo 166

editar

A iniciativa de reforma constitucional exercerase nos termos previstos nos apartados 1 e 2 do artigo 87.

Artigo 167

editar
  1. Os proxectos de reforma constitucional deberán ser aprobados por unha maioría de tres quintos de cada unha das cámaras. Se non hai acordo entrambas, intentarase obtelo mediante a creación dunha comisión de composición paritaria de deputados e senadores, que presentará un texto que será votado polo Congreso e o Senado.
  2. De non se logra-la aprobación mediante o procedemento do apartado anterior, e sempre que o texto obtivera o voto favorable da maioría absoluta do Senado, o Congreso por maioría de dous tercios poderá aproba-la reforma.
  3. Aprobada a reforma polas Cortes Xerais, será sometida a referendo para a súa ratificación cando así o soliciten, dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, unha décima parte dos membros de calquera das cámaras.

Artigo 168

editar
  1. Cando se propoña a revisión total da Constitución ou unha parcial que afecte o título preliminar, capítulo segundo, sección 1.ª, do título I, ou o título II, procederase á aprobación do principio por maioría de dous tercios de cada cámara, e á disolución inmediata das Cortes.
  2. As cámaras elixidas deberán ratifica-la decisión e proceder ó estudio do novo texto constitucional, que deberá ser aprobado por maioría de dous tercios de ámbalas cámaras.
  3. Aprobada a reforma polas Cortes Xerais, será sometida a referendo para a súa ratificación.

Artigo 169

editar

Non poderá iniciarse a reforma constitucional en tempo de guerra ou de vixencia dalgún dos estados previstos no artigo 116.