Constitución española de 1978/Título V
Constitución do Reino de España
|
|
Título V: Das relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais
editarArtigo 108
editarO Goberno responde solidariamente da súa xestión política perante o Congreso dos Deputados.
Artigo 109
editarAs cámaras e as súas comisións poderán solicitar, por medio dos presidentes daquelas, a información e axuda que precisen do Goberno e dos seus departamentos e de calquera autoridade do Estado e das comunidades autónomas.
Artigo 110
editar- As cámaras e as súas comisións poden reclama-la presencia dos membros do Goberno.
- Os membros do Goberno teñen acceso ás sesións das cámaras e ás súas comisións e a facultade de se faceren oír nelas e poderán solicitar que informen perante aquelas funcionarios dos seus departamentos.
Artigo 111
editar- O Goberno e cada un dos seus membros están sometidos ás interpelacións e preguntas que lles formulen nas cámaras. Para esta clase de debate os regulamentos establecerán un tempo mínimo semanal.
- Toda interpelación poderá dar lugar a unha moción na que a cámara manifeste a súa posición.
Artigo 112
editarO presidente do Goberno, logo de deliberación do Consello de Ministros, pode formular perante o Congreso dos Deputados a cuestión de confianza sobre o seu programa ou sobre unha declaración de política xeral. A confianza entenderase outorgada cando vote a favor dela a maioría simple dos deputados.
Artigo 113
editar- O Congreso dos Deputados pode esixi-la responsabilidade política do Goberno mediante a adopción por maioría absoluta da moción de censura.
- A moción de censura deberá ser proposta cando menos pola décima parte dos deputados, e terá que incluír un candidato á Presidencia do Goberno.
- A moción de censura non poderá ser votada en tanto non transcorran cinco días dende a súa presentación. Nos dous primeiros días do devandito prazo poderán presentarse mocións alternativas.
- Se a moción de censura non fose aprobada polo Congreso, os seus signatarios non poderán presentar outra durante o mesmo período de sesións.
Artigo 114
editar- Se o Congreso lle nega a súa confianza ó Goberno, este presentaralle a súa dimisión ó rei e a seguir procederase á designación de presidente do Goberno, segundo o disposto no artigo 99.
- Se o Congreso adopta unha moción de censura, o Goberno presentaralle a súa dimisión ó rei e o candidato incluído naquela entenderase investido da confianza da cámara para os efectos previstos no artigo 99. O rei nomearao presidente do Goberno.
Artigo 115
editar- O presidente do Goberno, logo de deliberación do Consello de Ministros, e baixo a súa exclusiva responsabilidade, poderá propoñe-la disolución do Congreso, do Senado ou das Cortes Xerais, que será decretada polo rei. O decreto de disolución fixará a data das eleccións.
- A proposta de disolución non poderá presentarse cando estea en trámite unha moción de censura.
- Non procederá nova disolución antes de que transcorra un ano dende a anterior, agás o disposto no artigo 99, apartado 5.
Artigo 116
editar- Unha lei orgánica regulará os estados de alarma, de excepción e de sitio, e as competencias e limitacións correspondentes.
- O estado de alarma será declarado polo Goberno mediante decreto acordado en Consello de Ministros por un prazo máximo de quince días, dándolle conta ó Congreso dos Deputados, reunido inmediatamente para o efecto; sen a autorización deste non poderá ser prorrogado o citado prazo. O decreto determinará o ámbito territorial a que se estenden os efectos da declaración.
- O estado de excepción será declarado polo Goberno mediante decreto acordado en Consello de Ministros logo de autorización do Congreso dos Deputados. A autorización e proclamación do estado de excepción deberá determinar expresamente os seus efectos, o ámbito territorial a que se estende e a súa duración, que non poderá exceder de trinta días, prorrogables por outro prazo igual, cos mesmos requisitos.
- O estado de sitio será declarado pola maioría absoluta do Congreso dos Deputados, por proposta exclusiva do Goberno. O Congreso determinará o seu ámbito territorial, duración e condicións.
- Non poderá procederse á disolución do Congreso mentres estean declarados algúns dos estados comprendidos no presente artigo, quedando automaticamente convocadas as cámaras de non estaren en período de sesións. O seu funcionamento, así como o dos demais poderes constitucionais do Estado, non poderán interromperse durante a vixencia destes estados. Disolto o Congreso ou expirado o seu mandato, de se producir algunha das situacións que dan lugar a calquera dos citados estados, as competencias do Congreso serán asumidas pola súa Deputación Permanente.
- A declaración dos estados de alarma, de excepción e de sitio non modificarán o principio de responsabilidade do Goberno e dos seus axentes recoñecidos na Constitución e nas leis.