Normativa oficial do galego - Numerais
16. Numerais
editarCardinais
editar- cero
- un/unha
- dous/dúas
- tres
- catro
- cinco
- seis
- sete
- oito
- nove
- dez
- once
- doce
- trece
- catorce
- quince
- dezaseis
- dezasete
- dezaoito
- dezanove
- vinte
- vinte e un / vinte e unha
- vinte e dous / vinte e dúas etc.
- trinta
- trinta e un, trinta e unha etc.
- corenta
- cincuenta
- sesenta
- setenta
- oitenta
- noventa
- cen
- cento un, cento unha etc.
- douscentos / duascentas
- trescentos / trescentas
- catrocentos / catrocentas
- cincocentos / cincocentas, quiñentos/-as
- seiscentos / seiscentas
- setecentos / setecentas
- oitocentos / oitocentas
- novecentos / novecentas
- mil
Cando os numerais vinte, trinta, corenta..., noventa, van seguidos da conxunción e, contraen na pronunciación a súa vogal final coa conxunción e.
Cento, millón, billón, trillón, aínda que expresan número, funcionan como substantivos, igual que ducia, decena, centena.
Os numerais un, unha, cando son adxectivos, contraen con de, en e con, da mesma maneira ca os artigos indeterminados (vide 14.2.2.). Pola contra, cando son pronominais, normalmente contraen coas preposicións en e de, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido un(s), unha(s): equivocouse nunha ou en dúas respostas; con unha xa me abonda.
Ordinais
editarprimeiro segundo terceiro cuarto quinto sexto sétimo oitavo noveno décimo undécimo / décimo primeiro duodécimo / décimo segundo décimo terceiro décimo cuarto décimo quinto décimo sexto décimo sétimo décimo oitavo décimo noveno vixésimo vixésimo primeiro vixésimo segundo etc. trixésimo cuadraxésimo quincuaxésimo sesaxésimo septuaxésimo octoxésimo nonaxésimo centésimo milésimo millonésimo
Todas estas formas admiten morfemas de xénero e número, que nas formas compostas só se unen ao último elemento (décimo primeira).
Multiplicativos
editardobre; duplo, dupla
triplo, tripla
cuádruplo, cuádrupla
quíntuplo, quíntupla
séxtuplo, séxtupla
séptuplo, séptupla
óctuplo, óctupla
nónuplo, nónupla
décuplo, décupla
céntuplo, céntupla
Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces".
Partitivos
editarmedio, -a
terzo, -a
cuarto, -a
quinto, -a
sexto, -a
sétimo, -a
oitavo, -a
noveno, -a
décimo, -a
onceavo, -a
doceavo, -a
centésimo, -a
milésimo, -a
millonésimo, -a
Nótese que a partir de 1/11 (e exceptuados 1/100, 1/1000,1/1.000.000) o partitivo faise engadindo ao cardinal o sufixo -avo: (1/16) un dezaseisavo, (2/29) dous vinte e noveavos, (7/345) sete trescentos corenta e cincoavos.