Normativa oficial do galego - O apóstrofo
6. O apóstrofo.
No galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo (‘), aínda que se admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia do galego oral ou dialectal: n’é verdade, n’o fixen, ont’a noite.
Poderá usarse tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en: o argumento d’A Esmorga; iso está n’Os Eoas.