Normativa oficial do galego - Os signos de interrogación e de admiración
7. Os signos de interrogación e de admiración
A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?; Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente.