Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos
As Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega (2003), tras unha revisión, foron aprobadas pola Real Academia Galega o día 12 de xullo de 2003. A seguir, amósanse as principais mudanzas:
1. Léxico:
editar- Vogal (“letra”, “membro dunha corporación”) / vocal (adx.).
- Estudo, estudar, estudante, estudoso / estudio (oficina; local).
2. Alfabeto:
editarLeremos q (o que), ch (o ce hache), ll (o l dobre), qu (o que u)
3. Acentuación:
editara) Non acentuamos i, u se hai hache no medio, ex.: prohibo.
b) Non se acentúan os interrogativos-exclamativos (só os indirectos en casos de ambigüidade).
4. Apóstrofo:
editarPor ex. N'A esmorga de Blanco Amor... , Sabes algo d'Os dous de sempre de Castelao?
5. Interrogación-exclamación:
editarNon se usa o signo (¿ ou ¡) ao principio (só permitida en ambigüidades): ex. Queres a merenda? Vaiche boa!
6. Grupos cultos –ct- e –cc-:
editara) Suprímese a primeira consoante se vai precedida de i ou u. Exemplos: Aflición, condución, contradición, conduta, condutor, conflito, construción, construtor, destrución, dicionario, ditado, estrito, estrutura, flutuación, frutífero, introdutor, obstrución, produto, produción, redución, reprodución, restrición, tradución, vítima, Vítor, vitoria, xurisdición...
b) Mantense o c en tecnicismos e palabras cultas: adicto, adicción, convicción, convicto, edicto, ficción, fricción, ictericia, invicto, pictórico, succión, veredicto...
7. Semicultismos vocalizados no grupo –ct-:
editarreitor (e reitoral) e seita (pero sectario)
8. O x con valor [ks] é opcional:
editarEsaxerar ou exaxerar, esixir ou exixir, osíxeno ou oxíxeno...
9. Terminación –cio, -cia // -zo, -za
editara) Galicia ou Galiza
b) –zo, -za: diferenza, espazo (espazar, espazoso; mais espacial), estanza (“estrofa”), graza, desgraza (mais desgraciar e desgraciado), licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, sentenza, servizo, servizal, terzo (terza, terzar)...
10. Terminación –ble ou -bel
editar-Amable ou amábel (plural: amables, amábeis).
-Establecer ou estabelecer.
11. Terminacións -eu, -au e -o:
editara) –eu: chapeu, romeu, xubileu.
b) –au: bacallau, pau.
c) –o: ímpeto, tribo.
12. Terminacións:
editara) –án, -á: bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; musulmán, musulmá; afgán, afgá; alemán, alemá; catalán, catalá.
b) Mantemos –ao/-á nalgúns xentilicios galegos: burelao, burelá; limiao, limiá...
c) –án, -ana: folgazán, folgazana; pillabán, pillabana; langrán, langrana...
d) –ÓN, -OA: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; león, leoa; patrón, patroa; ladrón, ladroa (ou ladra)...
e) –ÓN, -ONA é aumentativo ou deverbal pexorativo: mullerona, casona, abusona, acusona, faltona, lambona, preguntona...
14. As terminacións –aría ou –ería
editara) Son correctas ambas, mais prefírese a primeira: carnizaría, enfermaría, lavandaría, libraría, panadaría, peixaría, reloxaría, consellaría, carpintaría, cristalaría, zapataría...
b) É obrigatorio –ería en batería, galería, galantería e mercería.
15. Artigo:
editara) Artigo determinado: A forma –lo só é obrigatorio despois de por e o adverbio u (polo camiño, pola beira, u-lo neno?, u-las culleres?). Nos demais casos é opcional usar a forma simple o, a, os, as ou a segunda –lo, -la, -los, -las:
- Todas as nenas (ou Tódalas nenas).
- Facer a comida (ou Face-la comida).
b) A contracción de A+O é ao ou ó (prefírese ao): Vou ao cine (vou ó cine).
c) Construcións comparativas: ca o, có ou que o.
Ex. Son máis alto ca o neno, son máis alto có neno, son máis alto que o neno.
Ex. A pataca nova é mellor ca a vella, é mellor cá vella, é mellor que a vella.
16. Demostrativo neutro:
editarIsto, iso, aquilo
17. Relativos:
editarAdmítense cuxo, cuxa, cuxos, cuxas.
18. Numerais:
editara) Vinte e trinta sepáranse en vinte e un, vinte e dous, trinta e oito...
b) Tripla, triplo, cuádrupla, cuádruplo (*triple e *cuádruple son incorrectas).
19. Verbo:
editara)- Andásemos, andásedes (Pretérito de subxuntivo).
- Andabamos, andaramos, andariamos (copretérito, antepretérito e pospretérito).
b) Oír ou Ouvir (presente: oio ou ouzo; pretérito: oín ou ouvín).
20. Adverbios:
editara) Alén (= máis alá, do outro lado) e Aquén (= máis acá, desta parte).
b) Son incorrectos *entonces e *alomenos. Usemos entón e polo menos, cando menos.
c) Aglutinados: acotío, amodo, decotío, deseguida, devagar, enseguida, talvez.
21. Preposicións engadidas:
editarA respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.
22. Conxuncións
editar- Até que, porén (= non obstante, con todo), no entanto (= a pesar diso, porén)
- Son incorrectas *anque, *entonces, *nembargantes e *sen embargo.
- Aglutinadas: apenas, decontado que, deseguida que.