Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución

Moitas son as palabras procedentes do árabe que xa de vello se utilizan en galego, algunhas en exclusiva dentro da Romania. As máis cotiás, por exemplo arroba ou aldea, evolucionaron desde os seus comezos no galego ata transformárense con resultados onde o orixinal queda algunhas veces irrecoñecible. Non pretendemos aquí facer unha análise de cales foron as causas da súa integración e as modificacións na súa evolución; xa contamos na Lingüística Galega con investigacións como as de Corriente Cordoba, Frías Conde e Peinado Gómez para estes aspectos, que se especifican no apartado de Referencias históricas. Queremos aquí fornecer instrumentos e aplicacións prácticas para adoptar na actualidade as novas incorporacións terminolóxicas baixo formas escritas realmente galegas.

Para comezar, presentaremos brevemente unha perspectiva teórica que axudará a comprender as tres variables principais que ao noso entender afectan ao proceso de adopción de palabras desde o árabe ao galego. Seguidamente exporemos as principais características do árabe coas que hai que contar á hora de adoptar as palabras con esta procedencia. Analizaremos logo algunhas das propostas existentes, tanto no contexto internacional como no galego, para crear as denominacións correspondentes: as súas vantaxes e inconvenientes permitirán no seguinte punto crear unha metodoloxía de adopción de arabismos (transliteración e adaptación) que teña unha base teórica que a afortale pero unha aplicación práctica factible, e que permita crear adopcións realmente galegas tanto desde a óptica teórica como desde a aplicada. Remataremos confrontando o galego con outras linguas nun extenso apartado práctico, aínda que non sistemático, para dar resposta a algunhas das demandas terminolóxicas que a nova sociedade galega esixe da súa lingua. Para aumentar a súa efectividade terminolóxica, incluímos xusto despois un índice para localizar as formas escritas mencionadas.

Consideramos que a eficacia dunha proposta que pretenda transliterar ao galego un alfabeto distinto depende de factores teóricos e prácticos como a versatilidade e exactitude, a comodidade, a intuitividade para os non iniciados e a capacidade de adaptarse á maior porcentaxe posible de casos para os expertos. Esperamos telo conseguido aquí.



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas