Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura

Consideramos que existen palabras no galego pertencentes a estes temas cunha tradición gráfica asentada: alxamía, kharxa ou cúfico aparecen tanto no VOLG ademais de no GDXL e no IrIndo. Existen porén outros termos especializados para os que cómpre unha adaptación:

  • sukún [sukuun]; xasm [jaSm]: carácter árabe utilizado para marcar a ausencia de vogal tras unha consoante;
  • fatha [fatHaº]: carácter diacrítico árabe para indicar a pronuncia da vogal aberta tras unha consoante;
  • dama [D.ammaº]: carácter diacrítico árabe para indicar a pronunca da vogal pechada velar tras unha consoante;
  • kasra [kasraº]: carácter diacrítico árabe para indicar a pronuncia da vogal pechada palatal tras unha consoante;
  • hamsa [hamSa]: primeira consoante árabe, apoio de fatha, dama e kasra;
  • taxdid [taxdiid]; xada [xada]: carácter árabe utilizado para marcar a xeminación da consoante;
  • alif ['alif]: carácter árabe que serve de apoio a hamsa con forma de raia vertical;
  • alif maqsura ['alif maqs.uuraº]: alomorfo específico do alif para servir de apoio a hamsa coa morfoloxía dun waaw ou dun yaa' sen puntos;
  • alif mada ['alif maddaº]: diacrítico especial cando é precisa a duplicación de hamsa, coa forma do diacrítico do <ñ> ou do <ã> e que se apoia na parte superior do alif;
  • tanuín [tanwiin]: nunación (nasalización) da vogal final dunha palabra que se reflicte na duplicación do carácter da fatha, dama ou kasra segundo corresponda.
  • hamsa al-wasl [hamSaº ºl-was.l]: hamsa do artigo que perde o son da súa vogal (/a/) e toma por asimilación a do final da palabra anterior;
  • saxal [Sajal (Cortés 1996:462), "composición poética"; plural: 'aSjaal] composición poética árabe de cuartetos de tres versos monorrimos e un último con rima igual á do retrouso, aínda tradicional en Líbano;
ca: (s.m.) zajal, zègel;
en: zejel, zéjel;
es: (s.m.) zéjel;
fr: (s.m.) zajal, zéjel;
  • muaxa, muaxaha [muwaxxaH, muwaxxaHaº (Cortés 1996:1254), "poesía" < w-x-H, "adornar"] composición poética árabe medieval que termina cunha kharxa;
ca: (s.f.) moaixakha;
en: muwashshah;
es: (s.f.) moaxaja (DRAE), muassaha, muaxaha, muwasaha;
fr: (s.m.) mouachah, muwashshah;



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas