Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes

Normalmente, os textos árabes non especifican as vogais, o cal é un obstáculo para a lectura e interpretación por parte de non iniciados. A práctica de reconstruír ou non as vogais nestes casos deixámola a discreción do transliterador, pero quixemos contemplar esta posibilidade. A solución neste caso non é difícil de atopar: usaremos <a>, <i> e <u>. Cuestión á parte é a marcación da lonxitude. Deixaremos as breves sen diacrítico, mentres que para as longas propoñemos un dos dous sistemas alternativos: usar diacríticos ou dígrafos (unha vez determinemos o xeito de transliterar os grafemas consonánticos, retomarémolas para coñecer o seu nome). No caso das longas poderíase botar man doadamente dos da tipografía propia do galego (acentos gráficos agudos e diéreses), mentres que se se escollese o uso de dígrafos pódese optar por engadir un grafema adicional que indique a lonxitude (normalmente < : >) ou duplicar a vogal correspondente (<aa>, <ii> e <uu>). Por razóns de comodidade e frecuencia propoñemos este último, aínda que retomaremos o uso de < : > máis adiante. No caso doutros grafemas árabes de carácter vocálico que veremos máis adiante (nunación, ligazón fonotáctica do artigo ou alógrafos no apoio vocálico), consideramos que o uso dos citados dígrafos pode axudar ao especialista para distinguir a súa aparición se se quere chegar a ese grao de exactitude.

Para as semiconsoantes usaremos o uso de <y> e <w>, formas maioritarias nos sistemas de transcrición. Ademais deste valor, en árabe son os caracteres adicionais que indican que a vogal precedente é longa, pero neste caso xa están incluídos na transcrición da cantidade vocálica e non precisan transliteración.



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas