Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego

Tras esta perspectiva sobre distintos métodos de transliteración do árabe pode xurdir a pregunta de se é necesario crear unha metodoloxía para o galego. A transliteración que propuxeron os nosos antecedentes é convencional, pero a adaptación dos arabismos a cada unha das linguas xa non o é tanto: por exemplo, as secuencias sharia, Scharia, saria, sijaria ou szaria son transcricións dun mesmo orixinal en diferentes idiomas (de, en, fr, pl, nl e es). Polo tanto, non nos interesa aquí relatar os métodos de adaptación a linguas con sistemas fonolóxicos que pouco teñen que ver co noso, polo nos restrinxiremos exclusivamente ás dúas propostas existentes para o galego. Para un exemplo deste tema pode consultarse Méndez (1997:229 231). O que si pretende a nosa proposta é que o sistema de transliteración estea conectado coa adaptación e que isto facilite a adaptación dos arabismos ao galego.

Por todo isto, Frías Conde ten moita razón cando comenta que nos cómpre un método claro na adaptación de linguas con outros alfabetos ao galego para elevar o galego á categoría de lingua internacional (en realidade na da maioría das escritas en caracteres non latinos). Uns pioneiros neste campo foron os modelos propostos por Pérez-Barreiro Nolla para o chinés en 1996 e Dorado Cadilla para o cirílico serbio xa en 2004. Porén, a súa afirmación de que houbo propostas "para a transcrición de determinados alfabetos en galego, pero non no caso do alfabeto árabe" (Frías 2006:122) faille pouco honor aos seus antecedentes. Xa en 1997 saíu do prelo un traballo de Luz Méndez nas actas do IV Congreso Internacional de Estudios Galegos de 1994 onde facía unha proposta conxunta para cirílico, árabe e chinés. As súas opcións para o árabe son a seguinte:



Pola súa parte, Frías Conde (2006:124-126) fai outra proposta que se resume no seguinte esquema:



Segundo o noso punto de vista, estes antecendentes fallan en varios puntos. Méndez (1997:230) esquécese de dar conta do tratamento das vogais, da consoante árabe número 18, das vogais longas e das consoantes xeminadas, polo que a súa proposta queda coutada para a súa plena aplicación. Utiliza ademais unha vogal (<a>) para transcribir unha consoante. No outro caso, resulta sorprendente que Frías Conde (2006:124) non use na súa proposta o grafema <z> para transcribir ningún grafema do árabe, sobre todo cando en realidade sería unha solución moi doada e case esperable nesta situación usala a consoante // do árabe estándar. Pola contra, propón como alternativa o dígrafo <th>, que un falante galego normal non é probable que lea correctamente. Aínda que este grafema para a consoante número 4 se torne /s/ no árabe actual, no caso do galego temos a sorte de que esa circunstancia tamén se dá nas zonas seseantes, co cal cuestionamos que a súa proposta sexa a máis axeitada. Non deixa claro se a transliteración da consoante 19 é <gh> ou <g> e deixa outras baixo a discreción do transliterador. Cremos que esta ausencia do <z> e uso do <dj> se debe a un uso de grafemas máis internacionais e orientados ao árabe falado, pero a variación dialectal oral é grande e pensamos que desaconsella que a transcrición se fundamente na fala.



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas