Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación

As palabras introducidas desde o árabe correspóndense con moi diversas temáticas desde antigo. Aínda así, os termos que se precisan na actualidade pertencen principalmente a certos campos temáticos concretos. Xa que logo, consideramos interesante clasificar os termos nos tecnolectos aos que pertencen: a nosa aproximación abordará algúns termos relativos á lingüística e literatura propia do árabe, á vestimenta e á xeografía física.

Xustificamos a creación das seguintes adaptacións principalmente por dous motivos: pola imposibilidade de recuperar un termo patrimonial creando un neoloxismo semántico e pola necesidade de tratar como calcos estes conceptos que representan aspectos dunha cultura tan diferente da nosa. É certo que nada impide referirse ao patio central dunha mezquita coa denominación patio ou utilizar camposanto ou cemiterio para os específicos da relixión árabe, pero consideramos que o uso do xenérico en funcións divulgativas non impide a necesidade de que exista un termo específico para contextos nos que se pretenda unha maior aproximación terminolóxica ao orixinal. Con todo, existen palabras que consideramos xa asumidas como dentro do sistema ortográfico e fonolóxico galego que comentaremos onde corresponda.



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas